SEGATUR
  Inicio   >>   Rutas BTT
Descargas    |    Meteoroloxía    |    Contacta    |    Mapa WEB  

RUTA 03 - Panorámica dos Outeiros de Silván

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

PERFIL E MAPAS:
Saída: Mosteiro da Armenteira .
UTM 29T 521300 4701575
Chegada: Mosteiro da Armenteira .
UTM 29T 521300 4701575
Enlace con:
R.5 - Ruta da Chanca / R.10 - Circuíto de Campo Ladrón
Altura máxima:
371 m.
Descenso Acumulado Positivo:
142 m.
Dificultade:
Fácil
Altura mínima:
262 m.
Pendiente Máxima:
13 %
Distancia:
6'7 km
Tiempo:
30 min.
Índice IBP:
17

Arranca xunto ao río e o Mosteiro da Armenteira. A pesar da súa curta lonxitude, mostra un trazado levemente complicado no inicio e na fin. Así zigzaguea paseniño entre as casas de Vilar, moitas de pedra e factura tradicional, ata internarse dentro do algo sinuoso bosque da Cova do Raposo.
Pero ese pequeno esforzo paga a pena cando o ciclista chega aos Outeiros de Silván e, entre as árbores, ábrese un limpo horizonte de verdes vales e paisaxes agrarias e vitivinícolas, salpicadas de pequenas lombas con pechados bosques perennes. A maior parte do percorrido deste itinerario, tanto en dirección norte como no retorno cara ao sur, coincide coa ruta 10, permitindo o engarzamento con gran parte dos outros itinerarios.


Ver RUTA 03 - Ruta dos Outeiros de Silván nun mapa máis grande

Recomendacións:
É obrigatorio o uso do casco. - Indica no Punto de Acollida, ou no seu defecto a un familiar, que rutas vas realizar. - Infórmate sobre os aspectos técnicos da ruta e sobre a climatoloxía do día. Selecciona o itinerario axeitado en función da túa capacidade física e técnica. - É importante circular asegurado. Tramita a túa licenza na Federación de Ciclismo. - Non esquezas revisar o estado da bicicleta. - Sempre debes levar auga, roupa de abrigo, kit de reparacións e o teléfono móbil ben cargado. - Coida o medio. Procura non molestar aos animais nin deteriorar a vexetación. - Respecta as zonas privadas. - Debes obedecer a sinalización das rutas, dar prioridade aos viandantes e cumprir coas normas xerais de circulación. - No caso de ausencia de sinais de seguimento nos cruzamentos, circula polo camiño preferente. - O contorno polo que vas circular é aberto, de libre circulación e escenario de múltiples actividades (deportivas, forestais, gandeiras, agrícolas). Mantén sempre unha actitude comprensiva, prudente, responsable e respectuosa. - Calquera actividade na natureza implica riscos, non sempre controlables. É a túa responsabilidade calcular os perigos do percorrido e da climatoloxía do momento. - Os centros BTT Galicia non serán responsables do mal uso das rutas nin das imprudencias cometidas polos usuarios.

DESCARGAS:
Track kml-kmz Track gpx
Perfil Mapa



VOLVER

 

Copyright © Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural | Condicións de uso

Apdo. 5430 - Rúa Zaragoza 62 int. - 36211 - VIGO - GALICIA
Telf.: 886 11 70 11 - Fax: 886 11 70 11
info@segatur.com

webmaster@segatur.com