SEGATUR
  Inicio   >>   Rutas BTT
Descargas    |    Meteoroloxía    |    Contacta    |    Mapa WEB  

RUTA 04 - Circuíto do Val de Meis

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

PERFIL E MAPAS:
Saída: Área recreativa de Arcos.
UTM 29T 524800 4706175
Chegada: Área recreativa de Arcos.
UTM 29T 524800 4706175
Enlace con:
R.6 - Ruta do Monte San Martiño / R.7 - Panorámica do Monte Castrove / R.10 - Circuíto de Campo Ladrón
Altura máxima:
269 m.
Descenso Acumulado Positivo:
305 m.
Dificultade:
Difícil
Altura mínima:
68 m.
Pendiente Máxima:
14 %
Distancia:
13'8 km
Tiempo:
1 hora
e 15 min.
Índice IBP:
26

Para coñecer o val de Meis o ciclista pode seguir esta ruta circular que arranca da área recreativa de San Tomé de Nogueira. Os regatos que acompañan aos deportistas no primeiro tramo, os de San Tomé e de Manela, flúen cara ao norte ata formar o río Cañón, que remata no Umia. Logo, o percorrido avanza entre a concentración parcelaria e a autovía do Salnés ata chegar a San Salvador de Meis. Agora os regos de San Martiño e de Campo Ladrón forman un val que descende cara ao oeste, mentres a ruta comeza un ascenso pola aba da Pedra da Valada para achegarse ás ladeiras do Monte da Escusa. No camiño cómpre ver a pequena capela de San Nicolao no lugar de Casillaflor. Desde aquí o regreso ata o Monte de Arcos permite ver desde un lugar privilexiado este prolífico val para rematar o traxecto xunto aos muíños restaurados de Arcos.
No inicio da ruta o trazado coincide coa ruta 6 ata as proximidades da igrexa de San Tomé de Nogueira. Tamén coincide na área recreativa coas rutas 7 e 10.


Ver RUTA 04 - Circuíto do Val de Meis nun mapa máis grande

Recomendacións:
É obrigatorio o uso do casco. - Indica no Punto de Acollida, ou no seu defecto a un familiar, que rutas vas realizar. - Infórmate sobre os aspectos técnicos da ruta e sobre a climatoloxía do día. Selecciona o itinerario axeitado en función da túa capacidade física e técnica. - É importante circular asegurado. Tramita a túa licenza na Federación de Ciclismo. - Non esquezas revisar o estado da bicicleta. - Sempre debes levar auga, roupa de abrigo, kit de reparacións e o teléfono móbil ben cargado. - Coida o medio. Procura non molestar aos animais nin deteriorar a vexetación. - Respecta as zonas privadas. - Debes obedecer a sinalización das rutas, dar prioridade aos viandantes e cumprir coas normas xerais de circulación. - No caso de ausencia de sinais de seguimento nos cruzamentos, circula polo camiño preferente. - O contorno polo que vas circular é aberto, de libre circulación e escenario de múltiples actividades (deportivas, forestais, gandeiras, agrícolas). Mantén sempre unha actitude comprensiva, prudente, responsable e respectuosa. - Calquera actividade na natureza implica riscos, non sempre controlables. É a túa responsabilidade calcular os perigos do percorrido e da climatoloxía do momento. - Os centros BTT Galicia non serán responsables do mal uso das rutas nin das imprudencias cometidas polos usuarios.

DESCARGAS:
Track kml-kmz Track gpx
Perfil Mapa



VOLVER

 

Copyright © Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural | Condicións de uso

Apdo. 5430 - Rúa Zaragoza 62 int. - 36211 - VIGO - GALICIA
Telf.: 886 11 70 11 - Fax: 886 11 70 11
info@segatur.com

webmaster@segatur.com