SEGATUR
  Inicio   >>   Rutas BTT
Descargas    |    Meteoroloxía    |    Contacta    |    Mapa WEB  

RUTA 05 - Ruta da Chanca

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

PERFIL E MAPAS:
Saída: Mosteiro da Armenteira.
UTM 29T 521300 4701575
Chegada: Mosteiro da Armenteira.
UTM 29T 521300 4701575
Enlace con:
R.3 - Ruta dos Outeiros de Silván / R.8 - Ruta de Bordóns / R.9 - Vistas de Arousa / R.10 - Circuíto de Campo Ladrón
Altura máxima:
418 m.
Descenso Acumulado Positivo:
286 m.
Dificultade:
Difícil
Altura mínima:
253 m.
Pendiente Máxima:
12 %
Distancia:
9'5 km
Tiempo:
50 min.
Índice IBP:
21

A ruta achega o ciclista ata o nacemento do río da Chanca, conca fluvial que destaca por ser un dos eixes do termo municipal de Meaño e que desemboca no breve quilómetro de costa deste concello case interior. O río posúe múltiples muíños, moitos restaurados, polo que, despois de rematar a ruta, é desexable dedicar un pouco de tempo a visitalos.
Desde o Mosteiro da Armenteira a ruta ascende e atravesa Valdedeus e Valboa. Logo descende entre un bosque mixto ata a ribeira do nacemento do río da Chanca, onde coincide coa ruta 9, e regresa ascendendo ao Outeiro de Valdedeus e atravesando no seu camiño as fontes do río Armenteira. Desde a confluencia coa ruta 8 que vén desde Sanxenxo, o regreso ao mosteiro faise en descenso, primeiro lene e logo abrupto, a través dos camiños do lugar de Caroi.
Caracterízase este percorrido polas paisaxes agrarias de minifundio e bosque mixto, con pequenas sorpresas en forma de agachados cruceiros ou divertidos e rápidos descensos.


Ver RUTA 05 - Ruta da Chanca nun mapa máis grande

Recomendacións:
É obrigatorio o uso do casco. - Indica no Punto de Acollida, ou no seu defecto a un familiar, que rutas vas realizar. - Infórmate sobre os aspectos técnicos da ruta e sobre a climatoloxía do día. Selecciona o itinerario axeitado en función da túa capacidade física e técnica. - É importante circular asegurado. Tramita a túa licenza na Federación de Ciclismo. - Non esquezas revisar o estado da bicicleta. - Sempre debes levar auga, roupa de abrigo, kit de reparacións e o teléfono móbil ben cargado. - Coida o medio. Procura non molestar aos animais nin deteriorar a vexetación. - Respecta as zonas privadas. - Debes obedecer a sinalización das rutas, dar prioridade aos viandantes e cumprir coas normas xerais de circulación. - No caso de ausencia de sinais de seguimento nos cruzamentos, circula polo camiño preferente. - O contorno polo que vas circular é aberto, de libre circulación e escenario de múltiples actividades (deportivas, forestais, gandeiras, agrícolas). Mantén sempre unha actitude comprensiva, prudente, responsable e respectuosa. - Calquera actividade na natureza implica riscos, non sempre controlables. É a túa responsabilidade calcular os perigos do percorrido e da climatoloxía do momento. - Os centros BTT Galicia non serán responsables do mal uso das rutas nin das imprudencias cometidas polos usuarios.

DESCARGAS:
Track kml-kmz Track gpx
Perfil Mapa



VOLVER

 

Copyright © Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural | Condicións de uso

Apdo. 5430 - Rúa Zaragoza 62 int. - 36211 - VIGO - GALICIA
Telf.: 886 11 70 11 - Fax: 886 11 70 11
info@segatur.com

webmaster@segatur.com