SEGATUR
  Inicio   >>   Rutas BTT
Descargas    |    Meteoroloxía    |    Contacta    |    Mapa WEB  

RUTA 06 - Ruta do Monte San Martiño

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

PERFIL E MAPAS:
Saída: Área recreativa de Arcos.
UTM 29T 524800 4706175
Chegada: Rego da Armenteira. A Lomba.
UTM 29T 519900 4704675
Enlace con:
R.2 - Ruta dos Muíños de Armenteira / R.4 - Circuíto do Val de Meis / R.7 - Panorámica do Monte Castrove / R.10 - Circuíto de Campo Ladrón
Altura máxima:
182 m.
Descenso Acumulado Positivo:
275 m.
Dificultade:
Difícil
Altura mínima:
20 m.
Pendiente Máxima:
16 %
Distancia:
15'2 km
Tiempo:
1 hora e
40 min.
Índice IBP:
26

Este itinerario nace nunha confluencia coas rutas 7 e 10, e coincide no primeiro tramo coa ruta 4 mentres baixa pola beira dereita do rego de San Tomé. Sepáranse antes de chegar á igrexa parroquial e a ruta 6 vólvese urbana mentres cruza o centro de Mosteiro, a capital do concello de Meis. Pronto retorna a un ambiente máis rural, serpeando entre as beiras do rego de San Tomé, o rego de Manela e o río Cañón. As pequenas aldeas de Quintáns e A Pubuxeira, entre plantacións e vides, marcan o curso do pedaleo mentres se achegan as primeiras costas do monte de Zacande, anticipo do monte San Martiño. O bosque atlántico e as repoboacións de piñeiros van mesturándose e, de cando en cando, permiten ter vistas do val de Meis. A medida que o camiño descende cara a Guimeráns e Arosa as vides van ocupando o horizonte, mostrando a riqueza destas terras.


Ver RUTA 06 - Ruta do Monte San Martiño nun mapa máis grande

Recomendacións:
É obrigatorio o uso do casco. - Indica no Punto de Acollida, ou no seu defecto a un familiar, que rutas vas realizar. - Infórmate sobre os aspectos técnicos da ruta e sobre a climatoloxía do día. Selecciona o itinerario axeitado en función da túa capacidade física e técnica. - É importante circular asegurado. Tramita a túa licenza na Federación de Ciclismo. - Non esquezas revisar o estado da bicicleta. - Sempre debes levar auga, roupa de abrigo, kit de reparacións e o teléfono móbil ben cargado. - Coida o medio. Procura non molestar aos animais nin deteriorar a vexetación. - Respecta as zonas privadas. - Debes obedecer a sinalización das rutas, dar prioridade aos viandantes e cumprir coas normas xerais de circulación. - No caso de ausencia de sinais de seguimento nos cruzamentos, circula polo camiño preferente. - O contorno polo que vas circular é aberto, de libre circulación e escenario de múltiples actividades (deportivas, forestais, gandeiras, agrícolas). Mantén sempre unha actitude comprensiva, prudente, responsable e respectuosa. - Calquera actividade na natureza implica riscos, non sempre controlables. É a túa responsabilidade calcular os perigos do percorrido e da climatoloxía do momento. - Os centros BTT Galicia non serán responsables do mal uso das rutas nin das imprudencias cometidas polos usuarios.

DESCARGAS:
Track kml-kmz Track gpx
Perfil Mapa



VOLVER

 

Copyright © Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural | Condicións de uso

Apdo. 5430 - Rúa Zaragoza 62 int. - 36211 - VIGO - GALICIA
Telf.: 886 11 70 11 - Fax: 886 11 70 11
info@segatur.com

webmaster@segatur.com