SEGATUR
  Inicio   >>   Rutas BTT
Descargas    |    Meteoroloxía    |    Contacta    |    Mapa WEB  

RUTA 08 - Ruta de Bordóns

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

PERFIL E MAPAS:
Saída: San Pedro de Bordóns.
UTM 29T 517825 4695200
Chegada: Mosteiro da Armenteira.
UTM 29T 521300 4701575
Enlace con:
R.3 - Panorámica dos Outeiros de Silván / R.5 - Ruta da Chanca / R.10 - Circuíto de Campo Ladrón
Altura máxima:
432 m.
Descenso Acumulado Positivo:
424 m.
Dificultade:
Moi difícil
Altura mínima:
107 m.
Pendiente Máxima:
13'4 %
Distancia:
13'4 km
Tiempo:
1 hora e
10 min.
Índice IBP:
48

Desde o municipio turístico de Sanxenxo, o ciclista pode incorporarse a esta rede de rutas partindo desde San Pedro de Bordóns. Na ascensión, entre frondosos bosques, o traxecto achégase á Chan de Gorita con vistas da ría de Pontevedra. A ruta entra no concello de Meaño e chega ata a Chan do Couto onde cruza a estrada que vai á Armenteira, un bo lugar para tirar fotografías. O camiño alcanza O Busto e ascende entre piñeiros para achegarse ao petróglifo do Outeiro do Cribo, un importante exemplo prehistórico de insculturas en pedra dos que abundan en Galicia.
O petróglifo presenta cérvidos e un labirinto datados sobre o 1.500 ou 1.000 A.C.; así como un cabalo con xinete atribuído ao S. VI A.C. A escasa distancia o itinerario conecta coa ruta 5 no Outeiro de Valdedeus e prosegue o rumbo ata a húmida Tomada da Sobreira, onde descende rapidamente ao Mosteiro da Armenteira.


Ver RUTA 08 - Ruta de Bordóns nun mapa máis grande

Recomendacións:
É obrigatorio o uso do casco. - Indica no Punto de Acollida, ou no seu defecto a un familiar, que rutas vas realizar. - Infórmate sobre os aspectos técnicos da ruta e sobre a climatoloxía do día. Selecciona o itinerario axeitado en función da túa capacidade física e técnica. - É importante circular asegurado. Tramita a túa licenza na Federación de Ciclismo. - Non esquezas revisar o estado da bicicleta. - Sempre debes levar auga, roupa de abrigo, kit de reparacións e o teléfono móbil ben cargado. - Coida o medio. Procura non molestar aos animais nin deteriorar a vexetación. - Respecta as zonas privadas. - Debes obedecer a sinalización das rutas, dar prioridade aos viandantes e cumprir coas normas xerais de circulación. - No caso de ausencia de sinais de seguimento nos cruzamentos, circula polo camiño preferente. - O contorno polo que vas circular é aberto, de libre circulación e escenario de múltiples actividades (deportivas, forestais, gandeiras, agrícolas). Mantén sempre unha actitude comprensiva, prudente, responsable e respectuosa. - Calquera actividade na natureza implica riscos, non sempre controlables. É a túa responsabilidade calcular os perigos do percorrido e da climatoloxía do momento. - Os centros BTT Galicia non serán responsables do mal uso das rutas nin das imprudencias cometidas polos usuarios.

DESCARGAS:
Track kml-kmz Track gpx
Perfil Mapa



VOLVER

 

Copyright © Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural | Condicións de uso

Apdo. 5430 - Rúa Zaragoza 62 int. - 36211 - VIGO - GALICIA
Telf.: 886 11 70 11 - Fax: 886 11 70 11
info@segatur.com

webmaster@segatur.com