SEGATUR
  Inicio   >>   Rutas BTT
Descargas    |    Meteoroloxía    |    Contacta    |    Mapa WEB  

RUTA 09 - Vistas de Arousa

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

PERFIL E MAPAS:
Saída: Simes. Meaño.
UTM 29T 519700 4698400
Chegada: Rego da Armenteira. A Lomba.
UTM 29T 519900 4704675
Enlace con:
R.2 - Ruta dos Muíños de Armenteira / R.5 - Ruta da Chanca / R.6 - Ruta do Monte San Martiño
Altura máxima:
317 m.
Descenso Acumulado Positivo:
502 m.
Dificultade:
Moi difícil
Altura mínima:
20 m.
Pendiente Máxima:
20 %
Distancia:
14'3 km
Tiempo:
1 hora e
40 min.
Índice IBP:
48

Desde a Igrexa de Sta. María de Simes a ruta ascende pola beira dereita do río da Chanca e conecta coa ruta 5 que vén da Armenteira. O bosque non deixa apreciar as vistas que máis adiante gozaremos, pero sorprende verse separado das edificacións nun contorno tan poboado. Primeiro en dirección oeste e logo cara ao norte, a ruta progresa ata chegar ao escondido Castro de Vara onde contacta coa autovía e pasa a discorrer paralela a ela. No descenso atoparemos un agradable descanso a carón dos muíños restaurados do rego de Fofán, antes de iniciar o ascenso ao pequeno pero impresionante miradoiro de San Cibrán. Desde o cumio as vistas son dignas do esforzo: A Lanzada, O Grove, Cambados, as illas de Arousa e A Toxa... Máis adiante, nun descenso duns tres quilómetros que conxuga baixadas suaves e pendentes sinuosas, a ruta remata xunto ao percorrido 2, polo que é fácil achegarse ata o inicio da senda peonil da Pedra e da Auga.


Ver RUTA 09 - Vistas de Arousa nun mapa máis grande

Recomendacións:
É obrigatorio o uso do casco. - Indica no Punto de Acollida, ou no seu defecto a un familiar, que rutas vas realizar. - Infórmate sobre os aspectos técnicos da ruta e sobre a climatoloxía do día. Selecciona o itinerario axeitado en función da túa capacidade física e técnica. - É importante circular asegurado. Tramita a túa licenza na Federación de Ciclismo. - Non esquezas revisar o estado da bicicleta. - Sempre debes levar auga, roupa de abrigo, kit de reparacións e o teléfono móbil ben cargado. - Coida o medio. Procura non molestar aos animais nin deteriorar a vexetación. - Respecta as zonas privadas. - Debes obedecer a sinalización das rutas, dar prioridade aos viandantes e cumprir coas normas xerais de circulación. - No caso de ausencia de sinais de seguimento nos cruzamentos, circula polo camiño preferente. - O contorno polo que vas circular é aberto, de libre circulación e escenario de múltiples actividades (deportivas, forestais, gandeiras, agrícolas). Mantén sempre unha actitude comprensiva, prudente, responsable e respectuosa. - Calquera actividade na natureza implica riscos, non sempre controlables. É a túa responsabilidade calcular os perigos do percorrido e da climatoloxía do momento. - Os centros BTT Galicia non serán responsables do mal uso das rutas nin das imprudencias cometidas polos usuarios.

DESCARGAS:
Track kml-kmz Track gpx
Perfil Mapa



VOLVER

 

Copyright © Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural | Condicións de uso

Apdo. 5430 - Rúa Zaragoza 62 int. - 36211 - VIGO - GALICIA
Telf.: 886 11 70 11 - Fax: 886 11 70 11
info@segatur.com

webmaster@segatur.com