SEGATUR
  Inicio   >>   Rutas BTT
Descargas    |    Meteoroloxía    |    Contacta    |    Mapa WEB  

RUTA 10 - Circuíto de Campo Ladrón

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

PERFIL E MAPAS:
Saída: Área recreativa de Arcos.
UTM 29T 524800 4706175
Chegada:Área recreativa de Arcos.
UTM 29T 524800 4706175
Enlace con:
R.1 - Circuíto do Monte da Escusa / R.3 - Panorámica dos Outeiros de Silván / R.4 - Circuíto do Val de Meis / R.5 - Ruta da Chanca / R.6 - Ruta do Monte San Martiño / R.7 - Panorámica do Monte Castrove
Altura máxima:
487 m.
Descenso Acumulado Positivo:
612 m.
Dificultade:
Moi difícil
Altura mínima:
155 m.
Pendiente Máxima:
19 %
Distancia:
17'4 km
Tiempo:
1hora e
45 min.
Índice IBP:
71

É sen dúbida a ruta máis esixente e conecta coa maior parte das outras rutas, coincidindo en varios tramos con algunhas delas. No seu inicio en ascensión coincide coa ruta 7 e presenta tamén a dificultade de ser o trazado de retorno dela mesma, polo que os ciclistas deben ter certa precaución. Chegando ao lugar da Escusa o percorrido xira á dereita xunto ao curro e conecta coa ruta 1 nun breve tramo. Logo descende por Campo Ladrón, cruza o rego do mesmo nome e empata na pista onde vai a ruta 3 por riba de Silván. As vistas son impresionantes e o bosque digno de gozalo.
Chegando á Armenteira xúntase con outras rutas, sendo un bo lugar para descansar nos locais de restauración do contorno. Xira a ruta cara ao norte e prosegue polos Outeiros de Silván. Logo cruza o rego de San Martiño e corrixe o rumbo para bordear O Pousadoiro e retornar atravesando o monte da Xesteira.


Ver RUTA 10 - Circuíto de Campo Ladrón nun mapa máis grande

Recomendacións:
É obrigatorio o uso do casco. - Indica no Punto de Acollida, ou no seu defecto a un familiar, que rutas vas realizar. - Infórmate sobre os aspectos técnicos da ruta e sobre a climatoloxía do día. Selecciona o itinerario axeitado en función da túa capacidade física e técnica. - É importante circular asegurado. Tramita a túa licenza na Federación de Ciclismo. - Non esquezas revisar o estado da bicicleta. - Sempre debes levar auga, roupa de abrigo, kit de reparacións e o teléfono móbil ben cargado. - Coida o medio. Procura non molestar aos animais nin deteriorar a vexetación. - Respecta as zonas privadas. - Debes obedecer a sinalización das rutas, dar prioridade aos viandantes e cumprir coas normas xerais de circulación. - No caso de ausencia de sinais de seguimento nos cruzamentos, circula polo camiño preferente. - O contorno polo que vas circular é aberto, de libre circulación e escenario de múltiples actividades (deportivas, forestais, gandeiras, agrícolas). Mantén sempre unha actitude comprensiva, prudente, responsable e respectuosa. - Calquera actividade na natureza implica riscos, non sempre controlables. É a túa responsabilidade calcular os perigos do percorrido e da climatoloxía do momento. - Os centros BTT Galicia non serán responsables do mal uso das rutas nin das imprudencias cometidas polos usuarios.

DESCARGAS:
Track kml-kmz Track gpx
Perfil Mapa



VOLVER

 

Copyright © Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural | Condicións de uso

Apdo. 5430 - Rúa Zaragoza 62 int. - 36211 - VIGO - GALICIA
Telf.: 886 11 70 11 - Fax: 886 11 70 11
info@segatur.com

webmaster@segatur.com