Orientación e GPS

CURSOS DE ORIENTACIÓN CON MAPA, COMPÁS E GPS

orientacion

Se che gusta a natureza e queres formarte ou mellorar a túa técnica de orientación, non podes deixar pasar esta oportunidade!

Curso de orientación en montaña

Data:  consultar

Obxetivos: Aprender conceptos, técnicas e tácticas de orientación que nos permitan movernos con seguridade polo medio natural, coa utilización de mapa e compás. Identificar a nosa posición e puntos de referencia.  Coñecer os principios básicos de seguridade.

Prazas e reservas: O número de prazas está limitado a 6 persoas, coa intención de formar pequenos grupos para que a aprendizaxe sexa máis efectiva. As reservas poden realizarse a través do mail reservas@segatur.com ou no teléfono 886 117 011.

Máis info:
Curso destinado a aquelas persoas que queiran iniciarse, ou xa iniciadas, nas técnicas básicas de orientación en montaña.
Materiais para uso durante a formación: cartografía da zona, compás, material de papelaría e diploma de asistencia.
Contidos: Orientación por medios naturais, introdución á cartografía, clases de mapas, escalas, lectura e interpretación de mapas, orientación con mapa, descrición pormenorizada do compás, declinación magnética, azimuts e rumbos, utilización conxunta do compás e mapa, navegación básica, preparación de rutas, sistemas de coordenadas, etc.
Material necesario: Equipo individual de baixa montaña (roupa acorde coas condicións meteorolóxicas), comida persoal, pequena mochila, calzado axeitado para camiñar por montaña, cantimplora, etc.
Duración: 8 horas
Prezo: 1 curso 65€ / 2 cursos 95€ / 3 cursos 130€

Curso de iniciación á orientación con GPS – I

Data:  consultar

Obxetivos: A finalidade do curso é a de facilitar a aprendizaxe das técnicas básicas dos GPS para utilizar na montaña: manexo básico, utilidades, problemas. Os coñecementos adquiridos permitirannos a realización de percorridos con GPS cada vez máis interesantes e serán a porta de acceso máis segura a outras actividades de maior dificultade. A orientación con GPS debe ser considerada como un elemento de seguridade na montaña, polas enormes vantaxes que representa en caso de perda, accidentes e rescates na montaña.

Prazas e reservas: O número de prazas está limitado a 6 persoas, coa intención de formar pequenos grupos para que a aprendizaxe sexa máis efectiva. As reservas poden realizarse a través do mail reservas@segatur.com ou no teléfono 886 117 011.

Máis info:
Curso destinado a aquelas persoas que queiran iniciarse nas técnicas básicas de orientación en montaña con GPS. É imprescindible ter coñecementos de orientación con plano e compás.
Materiais para uso durante a formación: GPS, cartografía da zona, compás, material de papelaría e diploma de asistencia.
Contidos: Manexo básico de GPS, configuración do aparello, utilización con planos 1:25000, toma de referencias: tracks e waypoints, comprobación sobre o terreo do aprendido.
Material necesario: Equipo individual de baixa montaña (roupa acorde coas condicións meteorolóxicas), comida persoal, pequena mochila, calzado axeitado para camiñar por montaña, cantimplora, etc. No caso de que algún participante desexe usar o seu propio GPS, pode facelo. De tódolos xeitos, o curso estará baseado en modelos básicos de Garmin.
Duración: 8 horas
Prezo: 1 curso 65€ / 2 cursos 95€ / 3 cursos 130€

Curso de orientación con GPS – II / Conexión PC

Fecha:  consultar

Obxetivos: A finalidade do curso é a de facilitar a aprendizaxe das técnicas dos GPS para utilizar na montaña: manexo, utilidades, problemas, conexión con ordenadores e potencial de preparación de itinerarios.
A orientación con GPS debe ser considerada como un elemento de seguridade na montaña, polas enormes vantaxes que representa en caso de perda, accidentes e rescates na montaña.

Prazas e reservas: O número de prazas está limitado a 6 persoas, coa intención de formar pequenos grupos para que a aprendizaxe sexa máis efectiva. As reservas poden realizarse a través do mail reservas@segatur.com ou no teléfono 886 117 011.

Máis info:
Curso destinado a aquelas persoas que queiran mellorar as técnicas de orientación en montaña con GPS. É imprescindible ter coñecementos de orientación con plano, compás e GPS.
Materiais para uso durante a formación: GPS, ordenador, cartografía da zona, compás, material de papelaría e diploma de asistencia.
Contidos: Repaso do manexo de GPS, utilización con planos 1:25000, toma de referencias: tracks e waypoints, descarga de datos en ordenador, Ozi Explorer, Google Earth, e outros recursos na web, planificación de rutas en ordenador.
Material necesario: Equipo individual de baixa montaña (roupa acorde coas condicións meteorolóxicas), comida persoal, pequena mochila, calzado axeitado para camiñar por montaña, cantimplora, etc. No caso de que algún participante desexe usar o seu propio GPS, pode facelo. De tódolos xeitos, o curso estará baseado en modelos básicos de Garmin.
Duración: 8 horas
Prezo: 1 curso 65€ / 2 cursos 95€ / 3 cursos 130€

Máis información:
reservas@segatur.com