SEGATUR
  Inicio   >>  Condicións de Uso
Descargas    |    Meteoroloxía    |    Contacta    |    Mapa WEB  

CONDICIÓNS DE USO DESTE SITIO WEB

Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural s.l.u. (en adiante SEGATUR) con domicilio social na Rúa Barcelona 73, 2B con CIF B-36942316 e inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra Tomo 2995 de Sociedades, Libro 2995, Folio 212, Folla PO-35599, inscrición 1ª, establece os termos e condicións de uso do lugar http://www.segatur.com. O seu enderezo de contacto e: info@segatur.com.

Este é un sitio web que SEGATUR pon a disposición dos seus clientes e de tódolos usuarios da rede Internet. O seu obxectivo é fornecer servizo e información a devanditos usuarios e proxectar e dar a coñecer así a empresa SEGATUR e a súa actividade.

Tódolos dereitos están reservados. Non está permitida a modificación da Web nin dos seus contidos.

SEGATUR non é responsable do contido, exactitude e actualización da información que provén doutras persoas físicas ou xurídicas e que conste no lugar Web ou á que se remita a partir de enlaces ou outros sistemas.

SEGATUR non ten control ningún sobre enlaces a outras páxinas do World Wide Web ou a recursos externos que SEGATUR, ou terceiras persoas, poida prover. Vostede recoñece e está de acordo en que SEGATUR non se fai responsable da dispoñibilidade de tales páxinas ou recursos externos, e que non patrocina ou se responsabiliza por ningún contido, publicidade, produto ou outro material dispoñible en tales páxinas ou recursos externos.

Igualmente, vostede recoñece e está de acordo en que SEGATUR non se fai responsable, de xeito directo ou indirecto, de calquera dano ou perda ocasionado, ou supostamente ocasionado, polo uso de informacións, bens ou servizos obtidos mediante tales páxinas ou recursos externos.

Vostede está de acordo en que, baixo ningunha circunstancia, SEGATUR, será responsabilizada de danos directos, indirectos, fortuítos ou de ningún outro tipo, que resulten do uso de calquera contido da nosa páxina. Isto inclúe perdas ou prexuízos causados en total ou en parte pola nosa información ou por situacións fóra do noso control ao crear ou enviar calquera parte desta Web.

Tódolos datos fornecidos polos usuarios non se destinarán a outras finalidades que as expresadas en cada caso, nin tampouco se facilitarán a terceiros, de acordo cos principios de protección de datos de carácter persoal que establece a Lei Orgánica de Protección de Datos (Lei 15/1999, de 13 de decembro).

SEGATUR non garante que a Web e o servidor estean libres de virus e non se fai responsable dos danos causados polo acceso ao sitio web ou pola imposibilidade de acceder ao mesmo.

SEGATUR resérvase o dereito a modificar e ampliar contidos, informacións, etc., deste lugar Web en calquera momento e sen previo aviso.

O interese de SEGATUR é o de que este sitio web funcione coa máxima eficacia e cumpra a finalidade para a que foi creado e por iso manteno, pondo tódolos medios razoables para conseguilo, pero non se responsabiliza de posibles disfuncións e/ou anomalías no seu funcionamento. SEGATUR poderá modificar os termos e condicións que aparecen nesta páxina Web e, xa que logo, aconsella a súa consulta cunha periodicidade razoable por se se producen cambios nos mesmos.

O uso deste sitio web implica a aceptación dos termos e condicións contidos no mesmo.

Condicións de especial relevancia sobre enlaces dende e cara a este sitio web

SEGATUR non se fai responsable do contido doutros sitios e páxinas web alleas, aos que os enlaces que contén este sitio web puidesen conducir ó usuario. SEGATUR non exerce ningún tipo de control sobre devanditos sitios web e, xa que logo, non se fai responsable dos danos producidos por contidos ilícitos, pola súa calidade, desactualización, indispoñibilidade, erro e inutilidade dos contidos e/ou servizos dos sitios enlazados nin por calquera outro dano que non sexa directamente imputable a SEGATUR.

O enlace a este sitio dende outras páxinas web tampouco implica que SEGATUR subscriba ou aprobe os seus contidos nin supón relación corporativa ou comercial ningunha. A existencia de enlaces non debe presupor tampouco a existencia de acordos cos responsables ou titulares dos mesmos, nin a recomendación, promoción ou identificación de SEGATUR coas manifestacións, contidos ou servizos provistos por terceiros.

Condicións da caixa de busca

O cadro de busca deste sitio web ("Cadro de busca") procede de Google Inc ("Google"). Vostede recoñece e acepta que a política de privacidade de Google (dispoñible no enderezo http://www.google.es/privacy.html) é aplicable ó uso que faga do Cadro de busca e que, ó usar o mencionado Cadro de busca, autoriza a Google a utilizar os seus datos persoais de acordo coas disposicións da política de privacidade correspondente.

VOLVER

 

Copyright © Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural | Condicións de uso

Apdo. 5430 - Rúa Zaragoza 62 int. - 36211 - VIGO - GALICIA
Telf.: 886 11 70 11 - Fax: 886 11 70 11
info@segatur.com

webmaster@segatur.com