SEGATUR
  Inicio   >>   Produtos  >>   Sinais Especiails para BTT
Descargas    |    Meteoroloxía    |    Contacta    |    Mapa WEB  

PLACA DE DIRECCIÓN:

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

Estes sinais son a base do sistema de sinalización das rutas BTT.

Están deseñados para que a simple vista indiquen a dirección e o número da ruta a seguir.

Teñen múltiples soportes, e poden ser anexados a elementos como postes de alumeado ou telefónicos.

Na natureza van sempre sobre soportes de madeira tratada, nunca sobre árbores.

Incorporan unha chapa de 5cm de diámetro en aceiro inoxidable gravada con láser co logotipo dos Centros BTT Galicia .

 

PLACA INFORMATIVA:

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

Os Centros BTT Galicia dispoñen duns lugares de recepción con servizos preparados para os practicantes de bicicleta de montaña.

Este centro de atención dispón de oficina de información, servizos, duchas, cafetería, aluguer de bicicletas, lugar de lavado das bicicletas, etc.

Todos estes servizos están sinalizados con placas informativas estandarizadas, cumprindo estritamente coa imaxe corporativa de marca, feitas en metacrilato impreso, e colocadas sobre distintos soportes.

 

FRECHAS SINALIZACIÓN:

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

As frechas e bandeirolas ríxidas son un produto duro e impáctante. Están feitas nunha placa para exterior de alta densidade. Son gravadas por SEGATUR no obradoiro propio con maquinaria CNC.

Este material esta constituído por fibras naturais nun 65% do seu peso e o resto de resinas sintéticas. Non conteñen asbesto, nin imprimacións ou conservantes de madeira. Están libres de metais pesados. A eliminación térmica dos seus residuos non orixinan contaminantes. Están colocadas sobre soportes de madeira tratada para a intemperie con cualificación de Risco IV.

Son uns produtos de alta gama que permiten múltiples aplicacións e con gran vistosidade. Nas rutas BTT están postas en cruzamentos e en lugares de visita interesantes.

 

PANEIS INFORMATIVOS:

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

Os Centros BTT Galicia informan ós usuarios sobre os percorridos e dificultades mediante información web, folletos e atención persoal no punto de información do Centro.

Pero o propio Centro tamén dispón duns paneis, dotados de aparca-bicicletas, onde os ciclistas poderán ver tódolos trazados e a súa complexidade.

Así mesmo, en cada comezo de ruta, un panel dará a información pertinente dese percorrido e dos elementos que podemos ver. Tamén dos enlaces con outras rutas.

Paneis que cumpren coa calidade que SEGATUR leva aplicando dende hai moitos anos no mundo do sendeirismo.

 

BANDEIROLAS:

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

SEGATUR subministra tamén as bandeirolas que reciben ó visitante no Centro de Acollida dos Centros BTT Galicia.

Un magnífico mastro de 8 metros de alto, construído en fibra de vidro, cunha base abatible que permite facer o mantemento da bandeira facilmente.

Unha bandeira de 4x1 metros, con deseño corporativo estandarizado, suxeita nunha potencia xiratoria que permite en todo momento ver ondear a tea aínda sen vento.

 



 

Copyright © Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural | Condicións de uso

Apdo. 5430 - Rúa Zaragoza 62 int. - 36211 - VIGO - GALICIA
Telf.: 886 11 70 11 - Fax: 886 11 70 11
info@segatur.com

webmaster@segatur.com