SEGATUR
  Inicio   >>  Segatur  >>  Acción Social
Descargas    |    Meteoroloxía    |    Contacta    |    Mapa WEB  

Acción Social

SEGATUR caracterízase polo traballo ben feito e pola responsabilidade social, en especial en todo o relativo á natureza e ás condicións da contorna.
Mantemos un gran compromiso en favor do desenvolvemento rural, turístico e social das aldeas.

SEGATUR,como axente activo da sociedade, dedica parte dos seus beneficios en financiar e respaldar actividades deportivas, culturais e educativas.
Nas nosas oficinas mantemos un criterio de 3R (reducir, reutilizar e reciclar) con tódolos nosos inputs. Nas nosas actuacións na natureza procuramos que os impactos sexan míminos; a maior parte dos traballos son feitos con persoal a pé, evitando a realización de actuacións con maquinaria que poida ter efectos negativos.Tamén procuramos que os traballos poidan implicar a traballadores de cada zona onde traballamos, fomentando o emprego local.


Colaboración Social

En SEGATUR, queremos axudar activamente a afrontar os problemas da nosa contorna, xa que cremos que o Estado do Benestar é un dos máximos logros dunha sociedade igualitaria, moderna e Europea. Por iso, e porque confiamos na xente, no poder da colaboración e da boa fe, sen distinción de sexos, razas ou credos, participamos dende 2012 con pequenas achegas económicas ó sostemento do Banco de Alimentos de Vigo.
Animámosvos a coñecer o seu labor e a participar deste proxecto a través da súa web www.bancoalimentosvigo.org


Campaña Plantar unha Árbore

Dende hai máis dun lustro vimos mantendo unha campaña de concienciación medio ambiental relacionada co entorno do sendeirismo: recuperación de áreas forestais con árbores caducifolias autóctonas.
A partir dos beneficios da empresa, e sen axudas económicas externas, colaboramos en Galicia con asociacións e grupos interesados en obter árbores para a súa plantación.
Estamos abertos á participación, polo que se desexan realizar unha actuación desde tipo deberán poñerse en contacto con nós por correo, remitindo unha breve memoria ou proxecto da acción a desenvolver, ó enderezo:
SEGATUR S.L., Campaña "Plantar unha árbore", Dpto. de Accións Sociais, Apartado de Correos 5.430 - 36200 VIGO.

Tódalas solicitudes terán contestación, por pequenas ou difíciles que poidan parecer. Agradecemos a súa colaboración, e invitamos á difusión deste proxecto.








 

Copyright © Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural | Condicións de uso

Apdo. 5430 - Rúa Zaragoza 62 int. - 36211 - VIGO - GALICIA
Telf.: 886 11 70 11 - Fax: 886 11 70 11
info@segatur.com

webmaster@segatur.com