SEGATUR
  Inicio   >>  Segatur
Descargas    |    Meteoroloxía    |    Contacta    |    Mapa WEB  

Quen somos?

SEGATUR é a primeira e máis recoñecida empresa galega de SENDEIRISMO e a que traballa con máis Técnicos de Sendeiros titulados pola Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada (FEDME).
A nosa empresa é o referente en Galicia nas rutas sendeiristas de calidade, con produtos e servizos altamente especializados, respectando a contorna natural e mimando os detalles que dan valor ós sendeiros.
Está inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turisticas da Xunta de Galicia NR-PO-421.

A empresa iniciou as súas actividades no ano 1992, con tres ideas básicas:
1ª) Centrar a súa actividade en todo tipo de servizos e asistencias técnicas relacionadas co turismo e en especial co sendeirismo.
2ª) Crecer de forma controlada. Dende a súa constitución o crecemento foi ascendente, baseado sempre na posibilidade de realizar os traballos de acordo co persoal e medios dispoñibles.
3ª) Manter un cadro de recursos humanos suficiente, axustado e eficaz que se sinta vinculado á empresa e apoiado por esta, á vez que fortemente comprometido para acadar os obxectivos que en cada caso se fixan.
SEGATURoptou pola especialización e é a primera empresa galega que ten Técnicos Titulados en Sendeirismo pola FEDME. Isto, unido á capacidade de deseñar, fabricar, instalar, conservar e manter os sinais e os sendeiros que ofertamos, convértenos hoxe nunha empresa de características inigualables en toda Galicia.

Tamén rutas BTT:
Debido a unhas colaboracións estratéxicas con empresas de fóra de Galicia, dende 2008, importamos unha forma de entender as rutas para bicicletas de montaña (BTT) que principalmente estaban restrinxidas a zonas mediterráneas de forte tirón turístico. Pero Galicia agora posúe tamén estes Centros BTT que tan bo resultado están acadando. Somos a empresa pioneira neste produto e dispoñemos de materiais e coñecementos sobrados para implantar estes percorridos coa máxima garantía.

Medios e equipos

EQUIPOS DE MEDICIÓN E NAVEGACIÓN
Posuímos un variado conxunto de equipamentos para a medición e navegación: múltiples GPS's, altímetros, compases magnéticos de precisión, rodas topográficas, etc.
Dispoñemos dunha ampla cartografía actual e histórica en papel e da totalidade de Galicia en formato dixital para uso interno.
Software especializado para traballar con planos, calibración de fotografía aerea, creación de modelos e planos en 3 dimensións, e elaboración de planimetría propia.

EQUIPOS DE ACTUACIÓN
Ordenadores portátiles, PDA con GPS, e potentes equipos informáticos de oficina, cámaras analóxicas e dixitais de alta definición, cámaras con GPS incorporado e software de xeoetiquetado fotográfico, sistemas de escanado e impresoras A3, mesa de planos con tecnígrafo, etc.

MAQUINARIA DE TALLER E OBRAS
Dispomos dun obradoiro con todo o material necesario para a elaboración dos sinais e paneis, así como de estruturas como pasarelas, cercados, etc.
Dispomos dunha máquina semi-automática de pintado de rondinos con sinais de continuidade.
Maquinaria individual de roza e roupa de protección. Equipo informatizado CNC para o gravado de material de sinalización.
Ferramentas para perforación e colocación de sinais...



Contacta con nós


Dossier de empresa Catálogo de produtos

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player



 

Copyright © Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural | Condicións de uso

Apdo. 5430 - Rúa Zaragoza 62 int. - 36211 - VIGO - GALICIA
Telf.: 886 11 70 11 - Fax: 886 11 70 11
info@segatur.com

webmaster@segatur.com