SEGATUR
  Inicio   >>   Rutas BTT
Descargas    |    Meteoroloxía    |    Contacta    |    Mapa WEB  

RUTA 01 - Circuíto do Monte da Escusa

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

PERFIL E MAPAS:
Saída: Aparcadoiro Campo Golf Meis.
UTM 29T 523150 4702200
Chegada: Aparcadoiro Campo Golf Meis.
UTM 29T 523150 4702200
Enlace con:
R.10 - Circuíto de Campo Ladrón
Altura máxima:
520 m.
Descenso Acumulado Positivo:
128 m.
Dificultade:
Fácil
Altura mínima:
418 m.
Pendiente Máxima:
12'5 %
Distancia:
6'8 km
Tiempo:
40 min.
Índice IBP:
11

É a máis fácil de toda a rede, comeza xunto ao aparcadoiro e ao punto de acollida e rodea o Campo de Golf.
Ao longo do seu percorrido de case 7 km pódese gozar de magníficas panorámicas, tanto das rías de Pontevedra e de Arousa como das serras do Morrazo e do Barbanza. Algúns dos tramos discorren entre bosques de piñeiros polo que é fácil encontrar cogomelos ou ver cabalos en estado semi-salvaxe pacendo entre as árbores.
Un lugar digno de parada é a área recreativa O Castro, no termo municipal de Poio, onde a beleza da contorna increméntase polas vistas do mar.
Nas proximidades da aldea da Escusa e do seu curro, no lugar de Tras do Foxo, a ruta comparte brevemente o trazado coa ruta 10.


Ver RUTA 01 - Circuíto do Monte da Escusa nun mapa máis grande

Recomendacións:
É obrigatorio o uso do casco. - Indica no Punto de Acollida, ou no seu defecto a un familiar, que rutas vas realizar. - Infórmate sobre os aspectos técnicos da ruta e sobre a climatoloxía do día. Selecciona o itinerario axeitado en función da túa capacidade física e técnica. - É importante circular asegurado. Tramita a túa licenza na Federación de Ciclismo. - Non esquezas revisar o estado da bicicleta. - Sempre debes levar auga, roupa de abrigo, kit de reparacións e o teléfono móbil ben cargado. - Coida o medio. Procura non molestar aos animais nin deteriorar a vexetación. - Respecta as zonas privadas. - Debes obedecer a sinalización das rutas, dar prioridade aos viandantes e cumprir coas normas xerais de circulación. - No caso de ausencia de sinais de seguimento nos cruzamentos, circula polo camiño preferente. - O contorno polo que vas circular é aberto, de libre circulación e escenario de múltiples actividades (deportivas, forestais, gandeiras, agrícolas). Mantén sempre unha actitude comprensiva, prudente, responsable e respectuosa. - Calquera actividade na natureza implica riscos, non sempre controlables. É a túa responsabilidade calcular os perigos do percorrido e da climatoloxía do momento. - Os centros BTT Galicia non serán responsables do mal uso das rutas nin das imprudencias cometidas polos usuarios.

DESCARGAS:
Track kml-kmz Track gpx
Perfil Mapa



VOLVER

 

Copyright © Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural | Condicións de uso

Apdo. 5430 - Rúa Zaragoza 62 int. - 36211 - VIGO - GALICIA
Telf.: 886 11 70 11 - Fax: 886 11 70 11
info@segatur.com

webmaster@segatur.com